Este venres pechamos o mes do Orgullo cun acto no Multiúsos que pretende homenaxear a todos e todas as que seguen loitando pola súa liberdade.
Será a partir das 19.00 h, cando María Faltri presente “Soñando Inventei”, un espectáculo musical para toda a familia.
Ás 20.00 será a quenda de “Benquerer(se)”: poesía, música e humor dirixidos a un público xuvenil e adulto.
Por último, Susana Seivane tocará algúns dos seus éxitos en solitario para poñer fin ao evento.
Tamén haberá tempo para que un grupo de mozos/as do Concello lean un pequeno manifesto, ademais do que será pronunciado pola concelleira de Igualdade.
Esta acción foi financiada polo Ministerio de Igualdade a través da asignación de fondos do pacto de estado sobre violencia de xénero ao Concello de Soutomaior.