fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 19 Xaneiro 2023 14:31

Mellora a túa calidade de vida co obradoiro de Empoderamento Corporal

Mellora a túa calidade de vida co obradoiro de Empoderamento Corporal

Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM (Centro de Información a Muller) ponse en marcha o obradorio de Empoderamento Corporal.

A través da atención ao corpo e ao autocoidado mellorase a comunicación interna e en consecuencia conséguese identificar, nomear e expresar os sentimentos, facéndonos mais conscientes das emocións e axudándonos a xestionalas con consciencia.

Este obradoiro que constitúe unha invitación a recoñecer, autoexplorar, nomear e identificar as diferentes partes do noso corpo. Enmarcase dentro da programación do Espazo Autocoidado, programa de intervención comunitaria, deseñado expresamente para as mulleres do Concello.

O obradoiro levase a cabo desde o venres 3 de febreiro ate o 16 de xuño, no Multiusos de Arcade, en horario de 10:30 a 12:00.


Publicado en Igualdade
Visto 957 veces