fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 23 Xaneiro 2023 13:03

Preto de 700 consultas atendidas polo CIM o ano pasado, das cales 320 corresponden a atención psicolóxica

Preto de 700 consultas atendidas polo CIM o ano pasado, das cales 320 corresponden a atención psicolóxica

O Centro de Información á Muller de Soutomaior fai repaso do traballo desempeñado o pasado 2022 e destaca o gran número de persoas que se beneficiaron da súas iniciativas. Neste sentido, atendéronse máis de 130 consultas de asesoramento xurídico gratuíto e máis de 320 de atención psicolóxica tamén de forma totalmente gratuíta. Ademais abríronse 188 novos expedientes. 
O CIM posiciónase así como un organismo clave para a veciñanza de Soutomaior. En especial para as mulleres máis vulnerables, xa que o ano pasado atendeu consultas de ata 23 vítimas de violencia de xénero.
Por outro lado, foron moitas as persoas que se beneficiaron dos programas potenciados polo Concello a través do CIM, como o ‘Espazo Concilia’ que facilitou a conciliación familiar durante as vacacións escolares, ou o ‘Espazo de Autocoidado’ que mellorou a calidade de vida de decenas de mulleres.

 

'Espazo Concilia' desempeñou catro campamentos ao longo de períodos vacacionais , ofertando de xeito totalmente gratuíto un total de 250 prazas (crianzas entre 3 e 12 anos) para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante períodos non lectivos dos centros educativos.

'Espazo Autocoidado' o programa de  intervención comunitaria,  está orientado principalmente a mulleres do Concello, facendo intervencións desde diferentes perspectivas e orientacións para axudarlles a definir a procura dos seus proxectos vitais, da súa identidade e da súa autonomía, da súa orientación persoal, social e laboral, así coma tamén do tecido e fortalecemento de redes sociais entre elas e do principio de sororidade. tamén contou cun total de seis obradoiros de diferentes disciplinas que se desenvolveron  desde o mes de Marzo o mes de Setembro de 2022 no centro Multiusos de Arcade ,  contando  cun total de  106 prazas .

'Espazo Diversidade' é un programa de intervención comunitaria para dar visibilidade e promover a tolerancia, a dignidade, a non discriminación e a igualdade de dereitos ante a lei  das persoas LGTBI+, de xeito transversal pero reclamando mais atención entre o 17 de maio, Día Internacional  contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia e o 28 xuño Día  Internacional do Orgullo LGTB+. Promover a sensibilización e tolerancia, dando voz e ocupando espazos para as súas reivindicacións.


Publicado en Igualdade
Visto 373 veces