fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 15 Febreiro 2023 11:40

A realidade de ser muller e científica

A realidade de ser muller e científica

O pasado venres celebramos un interesantísimo coloquio con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Miriam González, veciña de Pontesampaio e Investigadora en proxectos relacionados ca Biopsia Líquida e o cancro de mama, partillou cos presentes as súas experiencias no sector. Ao acto acudiron decenas de persoas, algo que, dende o Concello, nos ilusiona e alegra. Temos unha veciñanza entregada, curiosa, e á que lle encanta aprender.


Publicado en Igualdade
Visto 379 veces