fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 02 Marzo 2023 13:48

Seguimos apostando polo benestar físico e mental

Seguimos apostando polo benestar físico e mental

Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM, púxose en marcha os obradoiros ‘Calma na Alma’ e ‘Empoderamento Corporal’, dúas iniciativas do Espazo Autocoidado. 
 
En ‘Calma na Alma’’ trabállanse técnicas de respiración que permitan ás asistentes estar presentes durante o día, relaxar o corpo e aprender a xestionar adecuadamente as emocións co obxectivo de reducir a ansiedade e o estres.
 
Mentres que nos obradoiros de ‘Empoderamento Corporal’ os exercicios van dirixidos a aumentar a confianza das participantes, a súa postura corporal e conseguir que mediante pequenos xestos diarios, melloren a súa percepción de si mesmas. 
 

Visto 359 veces