fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 03 Marzo 2023 14:08

Abrimos as inscricións para a XIV Xuntanza de Mulleres

Abrimos as inscricións para a XIV Xuntanza de Mulleres

Tras o éxito dos pasados anos, o Concello de Soutomaior, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM), organizan a XIV Xuntanza de Mulleres do Concello de Soutomaior o día 26 de marzo. Este ano a excursión será á Coruña.

Pola mañá faremos unha visita o balneario da casa da auga onde pasaremos un bo rato entre burbullas e auga, logo comeremos nun restaurante da cidade, ao rematar daremos un paseo pola mariña e a praza de María Pita. A media tarde colleremos o autobús para facer a nosa última parda no mercadillo de Barro.

Como en anos anteriores, sairá un autobús ás 8:15 desde a casa do Concello e outro autobús ás 8:30 desde o cruce de Pierres en Arcade. Para a Casa da auga hai que levar, traxe de baño, gorro e chanclas.

Desde a concellaría de igualdade somos conscientes da importancia destas xuntanzas que serven para unir á cidadanía e pasar un bo intre de lecer, fortalecendo ou creando novos lazos de amizade e redes de convivencia.

A actividade ten un prezo de 30€ para as mulleres empadroadas no Concello de Soutomaior e de 35€ para as non empadroadas.

Podedes inscribirvos en liña en Gabinete Soutomaior; acudindo as oficinas do CIM, no edificio Multiúsos de Arade os mércores ou venres; na Casa do Concello ou ben chamando por telefono ó 986 701 227.


Visto 683 veces