fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 28 Xuño 2023 10:15

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

Comunicado do Concello de Soutomaior polo Día do Orgullo

Desde o Concello de Soutomaior este 28 de Xuño queremos lembrar a toda as persoas que marcaron un antes e un despois na historia da nosa comunidade LGTBIQA+. Persoas que alzaron a súa voz ante o sistema e visibilizaron, desde o seu activismo cotiá, unha realidade DIVERSA afectivo-sexual que fai a nosa comunidade máis nutritiva e enriquecedora para todas.
 
Falamos de diversidade como realidade inherente o ser humano. DIVERSIDADE que non só debe ser respectada, promovida e protexida, senón festexada a viva voz como eixo central do noso patrimonio afectivo.
 
O Concello de Soutomaior súmase á Conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+ como parte do seu compromiso coa igualadde de trato e de oportunidades e como principio fundamental e tarea prioritaria para as Administracións locais, que son as máis cercanas á cidadanía. Queremos manifestar o noso compromiso forte e sen fisuras constatando a necesidade de intervir en políticas a favor da diversidade sexual e a non discriminación das personas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero.
 
Sumámonos á denuncia das desigualdades existentes no noso país por orientación sexual, identidade e expresión de xénero e por características sexuais, e por outra banda, reivindicamos a equidade para todas as persoas, ao tempo que o orgullo de ser como somos e de amar a quen queremos.
 
Como resultado deste compromiso, desde a Concellería de Igualdade abrése o ESPAZODIVERSIDADE, un espazo de escoita para propostas e demandas da ciudadanía en relación á diversidade, que ten como obxectivo a sensibilización comunitaria e a loita contra calquera discriminación, de cara a traballar a favor das demandas da comunidade. 
 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Visto 888 veces