fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 23 Novembro 2016 12:18

O País dos Mandóns chegou a Soutomaior

O País dos Mandóns chegou a Soutomaior

A obra de teatro o País dos Mandóns, a cargo da compañía de teatro os Ghazafellos, chegou  o Concello de Soutomaior para falarnos sobre a necesidade de construir espazos de Igualdade na sociedade actual.

Durante as xornadas do 22 e o 23 de Novembro, pasaron polo Multiusos en Arcade, preto de 500 alumnos de primaria dos centros escolares Padín Truiteiro e Santiago Apóstol para compartir e disfrutar de esta peza teatral.

Ghazafellos adaptou nunha pequena obra de teatro tres contos da colección A Igualdade Conta de Edicións Emborra, onde se abordan eixos temáticos como a democracia paritaria, a prevención da violencia contra as mulleres, os novos modelos familiares e a corresponsabilidade.

Recreando personaxes imaxinarias, Fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do País dos Mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais coas nosas diferencias. Dende o CIM adxuntarase unha guía didáctica para os centros escolares sobre a obra para poder traballar dende a aula o contido da igualdade de xeito transversal.

A Concellería de Igualdade, a cargo de Cristina González Piedras, e dentro das actividades programadas na campaña municipal do 25N, "Pasos de Liberdade" Dia Internacional contra a violencia machista, fai unha aposta clara pola prevención primaria como unha das ferramentas sociais e educativas máis eficaces e poderosas por eliminar as desigualdades e as violencias sociais, facendo intervencións dende idades ben temperás.


Visto 2414 veces