fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 28 Novembro 2016 11:36

25N. O Concello de Soutomaior renova o seu compromiso contra as violencias machistas

25N. O Concello de Soutomaior renova o seu compromiso contra as violencias machistas

O Concello de Soutomaior  renova o seu compromiso  contra a violencia de xénero, O alcalde, Agustín Reguera, presentou esta mañá o "Guía de Recursos para a abordaxe integral das violencias machistas", acompañado pola Edil  de Servizos Sociais e igualdade de Vilaboa, María Canosa

O Concello de Soutomaior xuntouse esta mañá para a conmemoración institucional do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. O día incluíu eventos diferentes entre os que destacan o ciclo de curtas contra a violencia de xénero e a presentación  da "Guía de Recursos", que será  distribuída en concellos xestionados polo Centro de Información á Mulleres sito no Centro Multiusos en Arcade, que presta atención a poboación dos concellos de  Soutomaior, Vilaboa e Pazos de Borbén.

O Día Internacional Contra a Violencia de Xénero comezou pola mañá coa presentación da "Guía de Recursos" que o CIM distribuirá  polos tres concellos nos que  traballa para a igualdade. Un manual que pretende "evitar o camiño crítico que algunhas mulleres sofren para obter a axuda que precisan", segundo comentou  Cristina González Piedras,  a edil de Igualdade e Servizos Sociais do Concello de Soutomaior.

O acto estaba encabezado polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que presentou esta guía acompañado da edil de Servizos sociais do Concello de Vilaboa , María Canosa. Durante a presentación , o rexidor local, destacou o traballo realizado polo CIM de Arcade para mellorar a atención integral ante  as violencias machistas en toda a comarca, así como “ a gran colaboración entre Concellos para optimizar a derivación de todas as persoas que está a sufrir unha situación de violencia  para que en Arcade se lles preste o asesoramento legal e psicolóxico que precisen”.

Pola súa parte, a Edil de Servizos Sociais do Concello de Vilaboa, María Canosa, Agradeceu o traballo realizado polo equipo técnico dos tres concellos implicados neste convenio e nos que se distribuirá esta Guía “pola sua labor para que todas as vítimas de violencia de xénero teñan a vida que merecen”

Os actos continuaron pola tarde coa lectura do Manifesto institucional contra a violencia machista “ Pasos de liberdade”, a cargo da edil Cristina González, onde se reflectía a repulsa ante todas as formas de violencias machistas. Unha declaración na que o Concello renovou o seu compromiso  na loita contra esta lacra social, impulsando e promovendo novas accións de sensibilización , prevención e intervención contra a violencia de xénero.

A continuación proxectáronse no Salón de actos curtas sobre temática de xénero onde se reflectían diferentes grados e diferentes tipos de violencias exercidas contra a muller.


Publicado en 25N (Igualdade)
Visto 2307 veces

Medios