fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 12 Xaneiro 2017 16:06

Documental Fios Fora

Documental Fios Fora

O Laboratorio de Costura Creativa está dando os seus derradeiros pasos nos seus traballos e creacións.  Rematada a parte práctica do laboratorio a cargo da Fundación Emaus, o Martes 17 de Xaneiro impartira a clase a cooperativa Cestola na cachola, que falara de formación participativa arredor do cooperativismo, a economía social e solidaria e o consumo responsable e consciente.  O xoves 19 de Xaneiro a xornada será dirixida por La Canalla  que se encargará de reflesionar sobre conceptos como o consumo de moda ética e o valor da segunda vida nas prendas.

O Venres dia 20 de Xaneiro, a partir das sete da tarde poderán visitarse no Salón de actos do Centro Multiusos en Arcade, unha exposición sobre os traballos realizados polas 15 alumnas que participaron no Laboratorio textil.

Posteriormente entregaránse os Diplomas acreditativos por parte de Cristina González Piedras, Concelleira de Igualdade, a todas as participantes.

As 19:30 horas proxectarase o documental de Illa Bufarda para Amarante Setem, Fios Fora, que aborda  as historias que hai detrás  das mulleres galegas que traballaron no textil  dende os anos 60 e foron man de obra para emerxer a industria xigantesca do textil que agora se atopa deslocalizada.

Nel atoparemos testimonios como os de Sabina Otero González e Agustina Vázquez Gallego, ambas obreiras da fábrica textil Regojo.

Preme no seguinte enlace para obter máis información sobre o presente documental.

http://www.fiosfora.gal/

A proxección do documental é gratuita e aberta ata compretar aforo.


Visto 2666 veces