fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 12 Mai 2017 13:21

Programa de animación sociocultural “Entre Nós”

Programa de animación sociocultural “Entre Nós”

A Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior presentou  o seu programa de animación sociocultural “Entre Nós”. Un proxecto que alcanza a súa quinta edición e que está concibido para fomentar e potenciar os movementos de participación e cooperación social,e especialmente, concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual. A edil de Igualdade, Cristina González, reuniuse coas representantes das asociacións culturais e veciñais con vocalía da muller no municipio para fixar as actividades para realizar este ano.

A principal novidade da edición deste ano reside na potenciación das actividades con perspectiva de xénero e que resulten beneficiosas para a saúde integral das mulleres.

A temática dos talleres será seleccionada por cada asociación en función dos seus intereses, así como as datas e os horarios de realización. As actividades seleccionadas teñen un custo simbólico de 8 euros e terán unha duración de 8 horas a desenvolver entre os meses de maio e xuño.

Estas actividades pretenden poñer en valor a función da muller na sociedade e profundar na desigualdade de xénero producida polo desequilibrio de tempo dedicado ás responsabilidades familiares, maioritariamente desempeñadas por mulleres, e a súa repercusión no seu tempo de lecer e as súas relacións sociais.


Publicado en Igualdade
Visto 2130 veces