Mércores, 27 Febreiro 2019 12:57

Festa de posta en marcha do circuíto viario e do rocódromo infantil

Festa de posta en marcha do circuíto viario e do rocódromo infantil

Mañá xoves desde as 17,00 a 19,00 horas no Peirao de Arcade terá lugar unha festa de posta en servizo do circuíto de educación viaria e o rocódromo infantil.

A educación viaria infantil debe ser educación en valores e actitudes xa que teñen as súas raíces na convivencia e no respeto a todos.

Neste circuíto con todo un seguido de carrís para que os máis pequenos teñan o primeiro contacto coa bicicleta urbana.

Circuíto de sentido único e obrigatorio onde os nenos teñen que seguir a sinalización de dirección.

Para amenizar esta posta en servizo haberá unha serie de animacións de rúa tales como o “autobús clown”, “cascarolos”, ”monociclo”. “Mini bici”, etc.

Todo iso para completar unha tarde de diversión e de educación viaria.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Programa Radio Galega "Pensando en ti"

11-04-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O programa da radio galega “Pensando en ti” emitirase en directo na madrugada do xoves día 18 e venres 19 desde o Multiusos de Arcade. Os oíntes comparten en directo ou a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. Marcial Mouzo, o seu presentador, continúa como líder na franxa da madrugada sendo a alma...