Xoves, 11 Abril 2019 09:48

Programa Radio Galega "Pensando en ti"

Programa Radio Galega "Pensando en ti"

O programa da radio galega “Pensando en ti” emitirase en directo na madrugada do xoves día 18 e venres 19 desde o Multiusos de Arcade.

Os oíntes comparten en directo ou a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

Marcial Mouzo, o seu presentador, continúa como líder na franxa da madrugada sendo a alma deste programa, que leva case vinte anos compartindo a vida nocturna dos galegos e. galegas.

O programa desenvólvese desde a unha ata as seis da mañá e conta coa colaboración especial do humorista Isi.

 Para amenizar as prolegómenos do programa, desde as 11 ata as 12 horas estará no escenario o grupo de música tradicional “Tanto Nos Ten” que son un grupo de música que empregan no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio que conforman o que eles chaman “música tradicional furtiva”.

A organización da emisión do programa está a cargo do Concello de Soutomaior coa colaboración especial da asociación veciñal e cultural Pozo Vello




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Programa Radio Galega "Pensando en ti"

11-04-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O programa da radio galega “Pensando en ti” emitirase en directo na madrugada do xoves día 18 e venres 19 desde o Multiusos de Arcade. Os oíntes comparten en directo ou a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas. Marcial Mouzo, o seu presentador, continúa como líder na franxa da madrugada sendo a alma...