Venres, 10 Mai 2019 09:49

Lavadoiro do Barrio do Rial

Lavadoiro do Barrio do Rial

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos que estaba a levar a cabo no lavadoiro do barrio de Rial.

 A actuación, enmarcada no Programa Municipal de Recuperación de Patrimonio, ten como obxectivo recuperar antigas zonas de uso colectivo, como as fontes e lavadoiros, para darlles unha nova vida.

Ademais de dar unha nova cara a todo o conxunto mediante unha limpeza e rexuntado de toda a cachotería perimetral, o chan de todo o recinto renovouse ao completo cun solado de pedra granítica de 3cm de espesor sobre o que se instalaron os novos alicerces de cantería tradicional que sosteñen a nova cuberta a catro augas de tella cerámica plana.

Por último, tamén se renovou a instalación eléctrica de todo o conxunto mediante unha rede protexida e estanca que alimenta a nova iluminación led de baixo consumo.

Os traballos  foron financiados a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.


Visto 502 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto música folk “ Grimorium”

23-08-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 24 de agosto ás 22.00 h. – Alameda Talo Río Grimorium trátase dun proxecto artístico-musical, que viu a luz por primeira vez no ano 2013. É unha idea orixinal baseada en seres mitológicos e fantásticos relacionados cos Grimorios; libros antigos e pagáns propios da alta idade media, onde se recolle unha guía de feitizos e invocacións recompilados durante ese...