Mércores, 24 Xullo 2019 12:47

Ummm! - Unha comedia para chupar os dedos.

Ummm! - Unha comedia para chupar os dedos.

Alameda Talo Río – Venres 26 de Xullo ás 21,30 h.

Un espectáculo dirixido a nenas e nenos entre 3 e 10 anos. Cancións, bailes e cores arroupan unha historia sobre as diferencias, a autenticidade e o valor de traballar en equipo para aprender a ver o mundo cos ollos do outro.

Á pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios, decide contratar a un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes día. O problema é que , as veces, esas novas ideas da cociña moderna poida entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana.

Voces en directo, Tap Dance , unha imaxe coidada e o humor son os ingredientes da nova comedia musical de Teatro Avento Producións. Misturando estos ingredientes quérese transmitir unha mensaxe clara: a importancia do traballo en equipo e da educación no diferente porque non só o que coñecemos é o mellor. Temos que aprender a apreciar a variedade do noso mundo e a abrir a nosa mente porque as cousas non son só como nos pensamos que deben ser


Publicado en Cultura
Visto 345 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Teatro Fonte da Tella – A visita do inspector

25-09-2019 / Cultura

O vindeiro domingo día 29 de setembro ás 20 horas na Casa do Pobo do Val- Sobral.  O grupo de teatro Fonte dá Tella pon en escena a obra “A visita do inspector” de John B. Priestley. Nunha cea tranquila, dunha familia supostamente honesta, á que asistiron, Arthur, Sybil, Eric, Edna e o seu noivo Gerald queda interrompida pola visita do inspector...