Martes, 13 Agosto 2019 11:14

Teatro Infantil - “A tropa do doutor Milagre”.

Teatro Infantil - “A tropa do doutor Milagre”.

Mércores 14 de agosto ás 20,30 h. Campo de San Benito – Romariz (Soutomaior)

A compañía Inventi Teatro tráenos a súa obra “A tropa do doutor Milagre”, un explosivo espectáculo de rúa onde grandes e pequenos poderán probrar  de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre.

Sofre alopecia ¿sente débil e canso, Sen apetito?. Probe os produtos do Doutor Milagre e desaparecerán todos os seus problemas.

Este aloucado médico/inventor farase cun vello autobús para convertelo nun auténtico show da venda ambulante. Música, improvisación, xogo, baile, comedia, diversión e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.


Visto 157 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto música folk “ Grimorium”

23-08-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 24 de agosto ás 22.00 h. – Alameda Talo Río Grimorium trátase dun proxecto artístico-musical, que viu a luz por primeira vez no ano 2013. É unha idea orixinal baseada en seres mitológicos e fantásticos relacionados cos Grimorios; libros antigos e pagáns propios da alta idade media, onde se recolle unha guía de feitizos e invocacións recompilados durante ese...