Xoves, 01 Xuño 2017 13:59

Programación Xuño 2017

Programación Xuño 2017

O Concello de Soutomaior prepara para este mes de xuño unha serie de actividades culturais, lúdicas, informativas e deportivas que van desde charlas , actuacións e prazos de inscrición de diversas actividades.

Iníciase o venres 2 ás 19,45 h na Casa de Cultura de Soutomaior e ás 21,00 h no Multiusos de Arcade cunha charla sobre seguridade viaria impartida pola delegada en Galicia de Stop Accidentes Jeanne Picard. Todos os asistentes a este acto recibirán un chaleco reflector de seguridade.

O sábado 3 ás 18,00 horas terá lugar clausúraa das Escolas Deportivas Municipais.

O xoves 8 na Biblioteca e o sábado 10 no Multiusos a granadina Ruth Galindo presentará o seu espectáculo Os contos de Iti e Canta Contos. Estas actuacións de Ruth Galindo nacen nunha acción conxunta das Bibliotecas Municipais de Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior.

O xoves 8 ata o venres 23 quedan abertos os prazos de inscrición das Actividades de Verán 2017 e das Escolas Deportivas de Verán.

O venres 9 e o sábado 10 terá lugar os Festivais de patinaxe do Club Patinaxe Artística Soutomaior e das Escolas de Patinaxe.

Venres 16 Festival Danzarte coas Escolas Artísticas Municipais.

O Venres 23 no Peirao de Arcade chega a Noite de San Juan coa fogueira, espectáculo pirotécnico e moitas sorpresas.

O Domingo 25 no Pavillón Municipal terá lugar o Festival do Kick Boxing Club Arcade onde participarán os 10 deportistas que conseguiron medallas no pasado campionato de España.

Por último o venres 30 ás 21,00 h clausúrase no Multiusos a Escola Municipal de Teatro


Visto 1741 veces


Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto música folk “ Grimorium”

23-08-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 24 de agosto ás 22.00 h. – Alameda Talo Río Grimorium trátase dun proxecto artístico-musical, que viu a luz por primeira vez no ano 2013. É unha idea orixinal baseada en seres mitológicos e fantásticos relacionados cos Grimorios; libros antigos e pagáns propios da alta idade media, onde se recolle unha guía de feitizos e invocacións recompilados durante ese...