Servizos Sociais
Servizos Sociais +
A escasas semanas de cumprirse o primeiro ano da pandemia orixinada polo Covid19, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior acaban de facer balance das súas actuacións durante a alerta sanitaria. En total, entre as diversas axudas creadas para amortecer os efectos desta crise, destináronse 34.299,89 euros aos que haberá que sumar os 20.000 en axudas directas para a hostalería.
A axuda de máis contía, cun total de 17.201,79 euros, foi a destinada a cubrir as situacións de emerxencia entre as familias máis vulnerables do municipio. Unha axuda destinada a sufragar o gasto das subministracións habituais nos seus fogares como o recibo da luz, a auga, gas, alugueiro…
Tamén destaca o importe destinado á compra de alimentos, tanto para a súa entrega directa a través dos Servizos Sociais municipais como a través de vales trocables polos propios usuarios nos supermercados, que ascende ata os 9.515,08 euros.
Do mesmo xeito, o Concello de Soutomaior destinou un total de 4.012,07 euros en axudas directas a veciños que perderon os seus empregos pola crise sanitaria e 2.270,95 euros a dotacións do fogar para familias vulnerables como lavadoras, frigoríficos e pequenos electrodomésticos.
Para finalizar está a axuda de 1.300,00 euros destinados a sufragar material escolar a familias en risco con menores ao seu cargo.
Servizos Sociais
09-05-2022 / Servizos Sociais
Despois de varias semanas anunciándoo, onte por fin celebramos ‘O día dos nosos maiores’, unha cita que se converteu en tradición en Soutomaior e que levabamos dous anos sen celebrar debido á pandemia. Nesta ocasión, os maiores de Soutomaior foron de excursión a Santiago de Compostela. Alí, puideron gozar dunha mañá de turismo e paseos, ademais de acudir á misa...
11-04-2022 / Servizos Sociais
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina González, presentaron esta mañá a nova edición de ‘O día dos nosos maiores’. Un acontecemento que terá...
05-04-2022 / Servizos Sociais
Tras a formalización e publicación do 'Plan Depotermal’ da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior ponse en marcha para axudar aos seus veciños e veciñas a acollerse a esta...
14-01-2022 / Servizos Sociais
Información e tramitación nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior. A Xunta de Galicia ten nestes momentos á disposición das familias galegas as axudas do Bono eléctrico, cun orzamento de 1,9M€...
14-09-2021 / Servizos Sociais
As solicitudes de participación no programa de termalismo para 2021 deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021 A través do Programa de Termalismo do Imserso o Estado español...
15-06-2021 / Servizos Sociais
A nova orde do programa Respiro Familiar xa está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). O plan, destinado a persoas dependentes ou con discapacidade, facilitará o descanso dos seus...
19-02-2021 / Servizos Sociais
A escasas semanas de cumprirse o primeiro ano da pandemia orixinada polo Covid19, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior acaban de facer balance das súas actuacións durante a alerta...
30-10-2020 / Servizos Sociais
A actual situación está a aumentar o número de situacións sociais de emerxencia entre os máis desfavorecidos por iso e ante o volume de atención social e co obxectivo de...
Servizos Sociais +