Servizos Sociais
Servizos Sociais +
As solicitudes de participación no programa de termalismo para 2021 deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021
A través do Programa de Termalismo do Imserso o Estado español proporciona aos/as pensionistas que por prescrición facultativa precisen os tratamentos que se prestan nos balnearios e que reúnan determinados requisitos, o acceso a prezos reducidos a este tipo de establecementos, contribuíndo con iso a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, así como a promoción do envellecemento activo, a mellora da saúde e a prevención da dependencia.
Poderán participar no Programa de Termalismo do Imserso, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
2. Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
4. Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
Para o enchemento e presentación das solicitudes ,pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recomendamos a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso . O acceso á solicitude deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
Máis información en www.imserso.es (programa de termalismo)
Tamén se pode informar e tramitar as solicitudes a través do departamento de Servizos Sociais do Concello de Soutomaior
Servizos Sociais
09-05-2022 / Servizos Sociais
Despois de varias semanas anunciándoo, onte por fin celebramos ‘O día dos nosos maiores’, unha cita que se converteu en tradición en Soutomaior e que levabamos dous anos sen celebrar debido á pandemia. Nesta ocasión, os maiores de Soutomaior foron de excursión a Santiago de Compostela. Alí, puideron gozar dunha mañá de turismo e paseos, ademais de acudir á misa...
11-04-2022 / Servizos Sociais
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina González, presentaron esta mañá a nova edición de ‘O día dos nosos maiores’. Un acontecemento que terá...
05-04-2022 / Servizos Sociais
Tras a formalización e publicación do 'Plan Depotermal’ da Deputación de Pontevedra, o Concello de Soutomaior ponse en marcha para axudar aos seus veciños e veciñas a acollerse a esta...
14-01-2022 / Servizos Sociais
Información e tramitación nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior. A Xunta de Galicia ten nestes momentos á disposición das familias galegas as axudas do Bono eléctrico, cun orzamento de 1,9M€...
14-09-2021 / Servizos Sociais
As solicitudes de participación no programa de termalismo para 2021 deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021 A través do Programa de Termalismo do Imserso o Estado español...
15-06-2021 / Servizos Sociais
A nova orde do programa Respiro Familiar xa está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). O plan, destinado a persoas dependentes ou con discapacidade, facilitará o descanso dos seus...
19-02-2021 / Servizos Sociais
A escasas semanas de cumprirse o primeiro ano da pandemia orixinada polo Covid19, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior acaban de facer balance das súas actuacións durante a alerta...
30-10-2020 / Servizos Sociais
A actual situación está a aumentar o número de situacións sociais de emerxencia entre os máis desfavorecidos por iso e ante o volume de atención social e co obxectivo de...
Servizos Sociais +