fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 09 Mai 2022 12:45

Máis de 300 maiores gozaron da excursión a Santiago: Reencontros, moitas risas e baile

Máis de 300 maiores gozaron da excursión a Santiago: Reencontros, moitas risas e baile

Despois de varias semanas anunciándoo, onte por fin celebramos ‘O día dos  nosos  maiores’, unha cita que se converteu en tradición en Soutomaior e que levabamos dous anos sen celebrar debido á pandemia. Nesta ocasión, os maiores de Soutomaior foron de excursión a Santiago de Compostela. Alí, puideron gozar dunha mañá de turismo e paseos, ademais de acudir á misa na Catedral. Tampouco faltou a comida no Restaurante Os Robles, nin o baile.

O  Concello é consciente da gran importancia que teñen este tipo de iniciativas de lecer destinadas á poboación xubilada. Tras dous anos nos que  socializar foi moi difícil, todos necesitabamos unha xornada como esta, na que non faltaron os reencontros e as risas.

A pesar das numerosas perdas e a que moitos dos habituais destas excursións preferiron quedarse na casa por medo, ata oito autobuses cheos de veciños e veciñas de Soutomaior puxeron rumbo á capital de Galicia. Máis de 300 persoas que deixaron atrás o receo, para pasar un día divertido cos amigos de toda a vida.

Para o ano máis e mellor.


Publicado en Servizos Sociais
Visto 528 veces