fbpx
Imprimir esta páxina
Martes, 17 Xaneiro 2023 14:20

Maiores independentes e actualizados

Maiores independentes e actualizados

Onte máis dunha ducia de maiores acudiron á primeira sesión do curso de novas tecnoloxías organizado no Centro da 3ª Idade. O obxectivo e que os nosos maiores se adapten aos novos tempos e non teñan que depender de terceiras persoas para facer trámites ou para gozar das facilidades que nos da Internet.

O curso consta de tres sesión nas que as persoas participantes aprenderán a utilizar as principais aplicacións móbiles, a pedir citas en organismos oficiais a través de internet, ou incluso a sacarlle todo o partido aos caixeiros automáticos.


Publicado en Terceira Idade
Visto 253 veces