O pasado mes arrancou un Obradoiro de Risoterapia para a Terceira Idade no que participaron 20 persoas e que se estenderá ata o mes de maio.
Esta iniciativa busca mellorar a calidade de vida e a saúde mental dos nosos maiores a través da risa. En definitiva, unha escusa máis para pasar un bo rato, saír da casa e, xa de paso, descubrir o poder dunha boa gargallada.
A Concelleira achegouse ata ao Centro da Terceira Idade para saudar ás asistentes e agradecerlles que sempre estean dispostas a participar neste tipo de iniciativas municipais.