Luns, 09 Setembro 2019 09:53

Migallas Teatro “Elas pintan moito”

Migallas Teatro “Elas pintan moito”

Biblioteca Municipal – Martes día 10 ás 17,30 h.

“Elas pintan moito” é unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.


Visto 181 veces


Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Xoves de conto – Seoane, laboratorio de formas

18-09-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

Xoves 19 de setembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal O Día das Artes Galegas 2019 estivo adicado a Luís Seoane e con este motivo presentamos unha actividade centrada na figura deste artista multidisciplinar que explorou o camiño da arte desde numerosas perspectivas pero sobre todo foi un grande impulsor da cultura galega fora das nosas fronteiras. A súa obra plástica, marcada...