Venres, 13 Mai 2016 11:16

Biblioteca Municipal - Maxia & Música

Biblioteca Municipal - Maxia & Música

O luns 16 de maio ás 17:00 h terá lugar na biblioteca o espectáculo “Maxia & Música con Manuel María” da man do ilusionista Martín Camiña e o músico Álvaro Muras.

Un percorrido guionizado de maxia e música, a través da vida e obra do autor Manuel María.

Un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navega nos versos do poeta lucense. 60 minutos de sorpresas con cancións, cordas, cartas, panos, papeis e coa vida de Manuel María coma escenografía.

Entrada libre para todos os públicos.


Visto 1650 veces


Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Xoves de conto -Soledad Felloza-Xeografía do imaxinario

11-09-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

Xoves 12 de setembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal Dentro da programación “xoves de conto” está semana preséntase: "Xeografía do imaxinario: contos e lendas da mitoloxía galega", a cargo de Soledad Felloza, trátase da narración de mitos e lendas galegas: trasnos, mouras... “Galicia ten un mapa que ás veces non se ve: un mapa que necesita que o volvan a contar porque...