Mércores, 07 Febreiro 2018 10:12

Taller de iniciación ao interiorismo

Taller de iniciación ao interiorismo

Forma, espazo, cor

A Biblioteca Municipal do Concello de Soutomaior pecha mañá xoves día 8 o prazo para o seu Taller de Iniciación ao Interiorismo. O curso está programado para os xoves 15 e 22 de febreiro e o 1 de marzo en horario de 9,30 a 11,30 horas.

O prezo é de 15 € para os empadroados e 30 € para os non empadroados sendo as prazas limitadas.

Este taller é apto e recomendable para os que buscan beneficiarse tanto do aspecto teórico do taller de iniciación ao interiorismo, como do aspecto práctico (proxectar o seu propio espazo) ou do aspecto lúdico (creatividade, manualidades, estética, entretemento e desconexión). Non se require ningún tipo de coñecemento previo nin ningunha habilidade artística especial, partimos de cero! Neste taller aprenderás as nocións necesarias para que o espazo funcione, e construirás o teu propio proxecto dunha forma creativa e manual.


Visto 683 veces


Biblioteca M. Luis Seoane
Biblioteca Municipal - Arcade

Xoves de conto – Seoane, laboratorio de formas

18-09-2019 / Biblioteca Municipal Luis Seoane

Xoves 19 de setembro ás 17,30 h. – Biblioteca Municipal O Día das Artes Galegas 2019 estivo adicado a Luís Seoane e con este motivo presentamos unha actividade centrada na figura deste artista multidisciplinar que explorou o camiño da arte desde numerosas perspectivas pero sobre todo foi un grande impulsor da cultura galega fora das nosas fronteiras. A súa obra plástica, marcada...