Venres, 30 Novembro 2018 11:09

Acendido luces de Nadal

Acendido luces de Nadal

 Hoxe venres día 30 a partir das 17,30 horas na Alameda de Tallo Río terá lugar un espectáculo para todos os públicos que precederá ao aceso das luces de nadal.

 Iniciarase cun espectáculo de animación. “A xogar cos trasnos de Nadal” :

Unha gran festa chea de cor e de sorrisos onde os nenos e nenas poderán bailar como tolos e xogar coa música.

Un espectáculo de movemento interactivo con xogos musicais, cancións de animación, globos e xogos interactivos.

Previo ao aceso das luces un Dragón voador de 12 metros de longo feito de globos cheos de helio percorrerá as rúas voando ao redor dos nenos e nenas.

Á súa chegada a Talo Río procederase ao aceso das luces.

 Entregaremos un número a cada nin@ para sortear e tres afortunad@ s serán os encargados de darlle ao botón para o aceso.

A todos os asistentes entregaráselles un gorro de Papa Noel para dar a benvida ao Nadal




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Reis Magos 2019

03-01-2019 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 5 de xaneiro  Ás 11.30 h, no Concello de Soutomaior, recepción dos Reis Meigos : Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos nenos e nenas que se acheguen ata a Casa do Concello para escoitar as súas peticións e obsequiaranlles con caramelos. Durante a mañá, na mesma Alameda Talo Río , haberá dúas carpas instaladas onde se realizarán talleres para l@ s...