Mércores, 14 Marzo 2018 14:11

Presentación do XVIII Certame da Camelia

Presentación do XVIII Certame da Camelia

 O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo , Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Pavillón Municipal da Montesiña a XVIII edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana.

A mostra, que tradicionalmente levaba a cabo no Castelo de Soutomaior, trasládase este ano ao citado recinto deportivo debido aos traballos de recuperación do patrimonio que impiden a súa celebración nos xardíns da fortaleza medieval.

Máis de 50 expositores xa teñen confirmada a súa asistencia ademais das composicións florais que se poderán gozar en diversos escaparates comerciais de todo o Concello de Soutomaior.

Máis de cen metros cadrados de composicións florais, coas variedades máis buscadas, encherán o Pavillón Municipal de arte e cor.

Este ano a mostra contará con máis de 30 expositores locais e 20 doutros municipios como Salceda ou Vilagarcía de Arousa, superando así as 50 composicións florais e confirmando o éxito de participación desta edición.

O Certame da Camelia é un dos fins de semana máis esperados do ano para os afeccionados á xardinería e a floricultura ao que tradicionalmente asisten centos de persoas.

A mostra poderase visitar durante todo o fin de semana. O sábado o horario da exposición será de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde as 11,00 a 13,30 h. e de 16,00 a 19,00 horas..

O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas do domingo.

 Esta edición conta con varias clases de premios con trofeos para as tres mellores propostas de:  Mellor Flor,  Mellor Composición Artística e Mellor Traballo Escolar.

Ademais haberá premios para os dous mellores concursantes nas disciplinas de Mellor Flor en Escaparate e Mellor Composición Artística en Escaparate e o Premio Especial Lelita Gradín, en honra á creadora orixinal do certame.

Os triunfadores en cada categoría recibirán un exclusivo exemplar desta apreciada especie floral. No caso dos traballos escolares, os premios incluirán un lote de libros para nenos.


Publicado en Certame da Camelia
Visto 655 veces


Certame da Camelia

Presentación do XVIII Certame da Camelia

14-03-2018 Certame da Camelia

 O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo , Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Pavillón Municipal da Montesiña a XVIII edición do Certame da...

Listado de premiados XVII Certame da Cam…

22-02-2017 Certame da Camelia

Listado de premiados no XVII Certame da Camelia- Soutomaior 2017   MELLOR FLOR 1º- Sonia Míguez 2º-Fermina Martínez Collazo 3º-Mª Victoria Martínez González MELLOR TRABALLO ARTÍSTICO 1º-Nerea Agrafojo 2º-Ana Mª Cal Barral 3º-Lola y José Álvarez Arza MELLOR TRABALLO ESCOLAR 1º-Colexio...

XVII Certame da Camelia

15-02-2017 Certame da Camelia

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo, Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Castelo de Soutomaior a XVII edición do Certame da Camelia que...

Presentación do XVI Certame e Exposición…

09-03-2016 Certame da Camelia

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo, Dolores Cernadas, presentaron esta mañá no Castelo de Soutomaior a XVI edición do Certame da Camelia que...

XVI Certame da Camelia

07-03-2016 Certame da Camelia

Sábado 12 e Domingo 13 de Marzo - Castelo de Soutomaior Horario de exposición:Sábado de 16,00 a 20,00 horas - Domingo de 10,00 a 18,00 horas Entrega de premios: Domingo ás 18,00...

Certame da Camelia

20-02-2016 Certame da Camelia

O Castelo de Soutomaior, cunha superficie de 25 hectáreas, é considerado o máis importante xardín botánico de Galicia, reunindo máis de cen variedades de camelias, antigos castiñeiros dos cinco continentes...

XV Certame da Camelia 2015

22-03-2015 Certame da Camelia

Premiados Mellor Flor: 1º.- Mª Victoria Martinez  2º.- Fermina Martinez 3º.- Eva Martinez  Mellor traballo artístico: 1º - Olalla Castrillo 2º - Maria Martinez 3º - Asoc.Veciños de Romariz Mellor traballo escolar: 1º - Colexio Santiago Apostol 2º - E.I.I. de...