Martes, 05 Xuño 2018 12:20

Convocatoria para concesión de axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior

Convocatoria para concesión de axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, convoca as axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva.

Establécense as bases reguladoras da concesión destas axudas, de conformidade co disposto na Lei 38/03, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/07, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

Cando os deportistas sexan menores de idade as axudas terán que ser solicitadas pola nais, pais ou o titores.

Data límite para a presentación de solicitudes: 1 mes, contado a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO. (venres 1 de xuño 2018)

  • Cada deportista só poderá optar a unha única axuda, independentemente do número de modalidades deportivas que practique.
  • Os/as que participen en competicións deportivas oficiais tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.
  • Os/as aspirantes terán que cumprir os seguintes requisitos:
  • Estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do 01-01-2018
  • Estar federado no período para o que se solicita a axuda e na data de  solicitude da mesma dentro da modalidade que practiquen.
  • Estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estaren ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.  
  • Os establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións e aplicables no presente caso.  
  • Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
  • As axudas reguladas nas presentes bases concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia
  • As bases para a concesión de axudas pódense consultar en www.soutomaior.com

 

 


Publicado en Deportes e Pavillón
Descargar adjuntos:

18-bases-axudas-deportistas-individuais.pdf (324 Descargas)
Visto 1404 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXV Concentracional Nacional Seat 600

09-08-2019 / Deportes e Pavillón

O vindeiro domingo día 11 no Peirao de Arcade terá lugar a habitual concentración de Seat 600 que neste ano cumprirá a súa XXV edición. Máis de 100 seat 600 espérase que esten no parque pechado o domingo desde onde se desprazarán por distintos lugares das Rias Baixas. A saída está prevista para as 11,30 horas. O sábado día 10 desde...