Mércores, 12 Setembro 2018 13:19

Melloras en instalacións deportivas Destacado

Melloras en instalacións deportivas

 O Concello de Soutomaior inicia os traballos de reforma no campo de fútbol Municipal de Candán ( Graciano Padín) e que é unha das distintas melloras nas instalacións deportivas do Concello que están previstas como as do pavillón municipal e as do campo de fútbol de Salgueirón entre outras.

A mellora consistirá na construción dun novo local social para o CD Soutomaior, unha nova cuberta para a zona da bancada e dúas novas torretas de iluminación de tecnoloxía led.

Os traballos contan cun orzamento de 90.000 euros financiados entre o Concello de Soutomaior, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

 O novo local social, anexo á zona da cantina do campo, contará con máis de 40 metros cadrados e permitirá ao CD Soutomaior contar cunha nova zona habilitada para sala de reunións, exposición de trofeos, actos do club e outros usos similares. Contará con todos os servizos habituais e dispoñerá de iluminación led e carpintería de pvc.

A cuberta da zona da bancada, que soporta o actual sistema de iluminación, desmontarase por completo e substituirase por unha nova de panel sándwich de 30mm rematada perimetralmente para a recolección de augas e a súa derivación á rede de pluviais. Desta maneira, a iluminación pasará a estar situada nas novas torretas que se instalarán nas próximas semanas e que albergarán os focos de tecnoloxía LED.

Por último, levarán a cabo diversas melloras na habitabilidade do recinto como luces de emerxencia, sinalización, extintores, reforma da cantina e a instalación dunha canaleta exterior para a recolección de pluviais en todo o campo.

 A mellora no Campo de Fútbol de Soutomaior forma parte do programa municipal para a modernización das instalacións deportivas.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Cross Escolar Xogade Soutomaior 2019

16-01-2019 / Deportes e Pavillón

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE( xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma, dáselle así resposta a un dos obxectivos...

Técnicos FIFA homologan o Campo de Fútbol de Salgueirón (Arcade)

29-11-2018 / Deportes e Pavillón

O antigo céspede artificial do campo de Salgueirón (Arcade) foi substituído por un de última xeración xa que a anterior superficie que levaba 12 anos instalada e xa non superaba as probas de absorción de impactos e o seu estado estaba moi afastado dos parámetros mínimos esixidos na Norma UNE. O novo céspede instalado é de última xeración fabricado mediante sistema...

Alfonso Pazos (C.B.Arcade) – Distinción ao merito deportivo

07-11-2018 / Deportes e Pavillón

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia entregará o vindeiro martes 13 de novembro as distincións ao mérito deportivo de Galicia na súa edición 2018 nun acto que se celebrará no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.  O presidente do Club Baloncesto Arcade está entre os distinguidos (a petición do Concello de Soutomaior) pola súa longa traxectoria tanto...

Campionato Galego Seleccións Comarcais

30-10-2018 / Deportes e Pavillón

O vindeiro xoves día 1 celebrarase nos campos municipais de fútbol de Arcade e de Soutomaior a primeira fase do campionato galego de seleccións comarcais. Máis de 300 nenos e nenas disputarán nos dos campos este campionato onde participarán as seleccións de Ferrol, A Coruña, A Costa da Morte, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.  Dividense en categorías masculinas e...

Emotiva II gala do deporte

02-10-2018 / Deportes e Pavillón

O Multiusos de Arcade acolleu o pasado venres a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior,. O obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas que destacaron pola súa traxectoria deportiva cumpriuse con fartura.  Foron presentados os 4 novos clubs federados como os de fútbol veterano Arcade e Verduxo así como o Club Petanca e o club ciclista Arcadecycles Team. Os deportistas distinguidos e...

II Gala do Deporte

26-09-2018 / Deportes e Pavillón

O Multiusos de Arcade acollerá o vindeiro venres día 28 desde as 21.00 horas a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior, organizado co obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas e veciños que destacaron pola súa traxectoria e colaboración no ámbito deportivo. Tamén se recoñecerán os méritos de deportistas empadroados no Concello que practican modalidades distintas aos dos clubs locais. O...