Venres, 14 Setembro 2018 09:35

Novos adestradores de fútbol base

Novos adestradores de fútbol base

 A Federación Galega de Futbol fixo entrega esta semana dos diplomas acreditativos do curso federativo de monitor de fútbol basee no que participaron 35 alumn@ s de toda a comarca e que se impartiu no Concello de Soutomaior .

O acto de entrega tivo lugar no auditorio do Multiusos de Arcade e contou coa presenza do alcalde, Agustín Reguera e Manuel Mosquera, director da escola de adestradores da federación galega de fútbol.

O curso desenvolveuse durante as tres últimas semanas e contou cunha carga lectiva de 65 horas con materias destinadas ao desenvolvemento intelectual dos xogadores como a psicoloxía, a ética deportiva ou o liderado, e materias destinadas a mellorar aspectos deportivos xenerais e específicos do fútbol, como as sesións de adestramento, fisioloxía, nutrición, medicina do fútbol e regulamentación.

Máis da metade exercerán como técnicos en equipos do municipio e debido ao éxito da convocatoria o goberno local e a Federación Galega estudarán a posibilidade de organizar novos cursos e de maior nivel


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Os veteranos do Verduxo Soutomaior reciben o trofeo de campións de liga

20-05-2019 / Deportes e Pavillón

Miguel Herrero do club de fútbol veteranos Verduxo Soutomaior recibiu do representante da Federación Galega de Fútbol o trofeo de campión de liga o pasado sábado no Campo Municipal de Candán ( Graciano Padín) durante a disputa do encontro de oitavos de final da copa #ante o Cuntis Veteranos ao que venceu 1-0. O Verduxo Soutomaior proclamouse campión de liga da...