Xoves, 29 Novembro 2018 13:25

Técnicos FIFA homologan o Campo de Fútbol de Salgueirón (Arcade)

Técnicos FIFA homologan o Campo de Fútbol de Salgueirón (Arcade)

O antigo céspede artificial do campo de Salgueirón (Arcade) foi substituído por un de última xeración xa que a anterior superficie que levaba 12 anos instalada e xa non superaba as probas de absorción de impactos e o seu estado estaba moi afastado dos parámetros mínimos esixidos na Norma UNE.

O novo céspede instalado é de última xeración fabricado mediante sistema Tufting cunha base dotada de dobre capa de polipropileno e un lastrado de area de sílice e granulado de caucho.

O martes pasado os técnicos da FIFA realizarón os estudos pertinentes para a súa homologación e esta foi positivo no seu grao máximo quedando moi satisfeitos cos datos recolleitos en canto a impacto de absorción, rodaxe e mellora substancial do comportamento do céspede previndo posibles lesións.

Con este tipo de céspede poderíanse disputar partidos de carácter profesional.

Tamén se cambiou a antiga bomba de rega, renovarase a varanda perimetral do campo e se sustutuiran os proxectores existentes por outros tipo LED para mellorar a eficiencia enerxética.

No mesmo sentido de aforro enerxético e mellora ambiental prevese a instalación de paneis solares nos dous vestiarios para conseguir auga quente sanitaria incluíndo un acumulador de 500 litros.

Por último prevese arrombar todos os muros de peche do campo enfoscando con moteiro 435 metros cadrados e pintaranse 618 metros cadrados.

 Con esta obra e a realizada hai uns días no Campo de Fútbol Municipal de Soutomaior complétase unha fase de melloras de instalacións deportivas que se seguirán prolongando ao longo deste ano e principios do ano próximo.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Carreira infantil da ostra

12-03-2019 / Deportes e Pavillón

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Infantil da Ostra 2019. Terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 31 de marzo a partir das 11,30 horas. As categorías por idades serán as seguintes: Chupete: nacidos en 2014 ata 2016., Pitufos (nados 2012-2013), Benjamines (2010-2011), alevíns (2008-2009), Infantís (2006-2007) e cadetes (2004-2005) Todos os corredores recibirán a súa medalla de...