Martes, 12 Marzo 2019 11:21

Carreira infantil da ostra

Carreira infantil da ostra

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Infantil da Ostra 2019.

Terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 31 de marzo a partir das 11,30 horas.

As categorías por idades serán as seguintes:

Chupete: nacidos en 2014 ata 2016., Pitufos (nados 2012-2013), Benjamines (2010-2011), alevíns (2008-2009), Infantís (2006-2007) e cadetes (2004-2005)

Todos os corredores recibirán a súa medalla de participación e os tres primeiros clasificados de cada categoría terán as súas medallas de ouro, prata e bronce.

As inscricións pódense realizar en liña na pagina www.gabinetesoutomaior.com ou presencial no pavillón municipal da Montesiña ata o xoves 28 de marzo.

Nuns días indicaremos o circuíto de carreiras e as distancias por categorías

 Ao finalizar as carreiras haberá un concerto infantil “Sesión Zume” do I Festival de cinema e música Soutopequeno.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

X torneo pádel e tenis Concello de Soutomaior

22-07-2019 / Deportes e Pavillón

Xa estan abertas as inscricións para o X Torneo de Tenis e Padel do Concello de Soutomaior que se celebrará nas pistas municipais da Montesiña do 3 ao 10 de agosto. As modalidades para inscribirse son: Tenis Dobles / Pádel Masculino (1ª-2ª-3ª e *+45) / Pádel Femenino: (1ª-2ª-3ª e + 40)- Pádel Mixto (1ª e 2ª) --Padel Infantil (Sub 14 ) No caso...