Venres, 03 Mai 2019 10:57

Liga Nacional de Billarda

Liga Nacional de Billarda

A liga Nacional de Billarda Conferencia Rias Baixas celebra este sábado, a partir de 16.30 horas no Campo de Fútbol Municipal de Candán ( Graciano Padín) en Soutomaior , a 17ª xornada.

Os interesados neste deporte tradicional poden ver en acción aos 8 equipos da conferencia Rías Baixas.

Espérase que polo Campo de Soutomaior pasen máis de 100 xogadores de todas as xeracións.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de forma individual en categorías masculina, feminina e infantil.

A billarda (“ estornela”) é un xogo popular de Galicia en particular, e tamén de Asturias e a provincia de León, que se recuperou afortunadamente nos últimos anos. Consiste esencialmente en darlle cun pau maior a outro máis pequeno (a billarda), ao obxecto de que chegue o máis lonxe posible.

A organización corre a conta da asociación cultural e deportiva Billarda Rias Baixas e coa colaboración do C.D.Soutomaior e do Concello de Soutomaior


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Velada Kick Boxing

19-07-2019 / Deportes e Pavillón

Esta sábado día 20 a partir das 21,00 horas celebrarase unha velada de Kick Boxing no Pavillón da Montesiña correspondente á liga Galega Ring Sport. Como combates estelares subirán ao ring Rubén Batán e Óscar Soto en full contact en menos 58 Kg e Gabriel Pereira contra Lewis Arizala en menos de 67 kg. Entre outros combates tamén destaca en enfrontamento entre...