Luns, 20 Mai 2019 13:35

Os veteranos do Verduxo Soutomaior reciben o trofeo de campións de liga Destacado

Os veteranos do Verduxo Soutomaior reciben o trofeo de campións de liga

Miguel Herrero do club de fútbol veteranos Verduxo Soutomaior recibiu do representante da Federación Galega de Fútbol o trofeo de campión de liga o pasado sábado no Campo Municipal de Candán ( Graciano Padín) durante a disputa do encontro de oitavos de final da copa #ante o Cuntis Veteranos ao que venceu 1-0.

O Verduxo Soutomaior proclamouse campión de liga da 1ª Galicia Veteranos empatando a puntos co outro equipo de veteranos de Soutomaior (A.D.Arcade Veteranos) tendo mellor golaveraje.

 Para a próxima tempada os dous equipos do Concello militarán na División de honra de veteranos cunha esixencia deportiva moito maior que a deste ano.

 Desde o Concello de Soutomaior non queda máis que felicitar aos dous equipos polo seu magnifica tempada.


Publicado en Deportes
Visto 705 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

DEPORTE escolas - Patinaxe

07-10-2019 / Deportes

DEPORTE escolas – Deputación Pontevedra - Patinaxe Convócase a todos os participantes das DEPORTE escolas de patinaxe a unha reunión que terá lugar no pavillón Municipal A Montesiña de Soutomaior o luns día 7 de outubro ás 18,00 horas