Mércores, 22 Mai 2019 09:38

Substitución do pavimento deportivo no pavillón Municipal A Montesiña

Substitución do pavimento deportivo no pavillón Municipal A Montesiña

 O Concello de Soutomaior pon en marcha o concurso de subministración e colocación de pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho.

Este concurso convócase por segunda vez xa que a anterior adxudicataria á hora de fornecer o material non cumpría os parámetros definidos na adxudicación segundo informes dos técnicos municipais polo que se lle cancelou a adxudicación e vólvese a sacar a concurso como marca a lei vixente nesta materia.

Cumprirá a normativa europea para pavimentos deportivos de interior EN14904, a normativa EN13501 de comportamento fronte ao lume dos produtos de construción e terá certificación FIBA nivel de competición 1. Prevese un prazo de execución das mesmas de: 4 semanas.

 A superficie total do pavimento  é de: 1060 m2.

Posteriormente acometerase a substitución de toda a fontanería, cambio de iluminación para focos leds e pintado da bancada e paredes laterais así como dotar á pista con porterías e canastras novas.

 Ademais da substitución do pavimento poñeranse en marcha unha serie de melloras no equipamento da instalación municipal tales como a pista de padel de cemento que nestes momentos está a cambiarse por cristal para ter así tres pistas coas mesmas características técnicas que esixe a federación.


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 542 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Inscricións Escolas Deportivas 2019-2020

06-09-2019 / Deportes e Pavillón

O vindeiro luns día 9 ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2019-2020. As inscricións pódense realizar ata o día 27 deste mes no Pavillón da Montesiña en horario a partir das 18,30 horas. O inicio das actividades será o luns 7 de outubro.