Martes, 28 Mai 2019 14:08

Liga local Fútbol Sala. Xícara/Innovar campión de Liga e Copa

Liga local Fútbol Sala. Xícara/Innovar campión de Liga e Copa

O Xícara/Innovar obtén o dobrete na liga local de fútbol sala do Concello de Soutomaior ao impoñerse na final de copa ao Copy Redondela polo tanteo de 6-2.

 O partido iniciouse adiantándose os campións por 3 -0 pero Copy Redondela logrou achegarse ao marcador cun 3 a 2 que lle daba emoción ao final pero unha ocasión clara dos subcampións transformouse nun contraataque do Xícara/innovar que puxo o 4-2 no marcador e cerro o partido.

Despois dous goles máis do campión deixou o marcador no 6-2 final.

Os goles do Xícara/Innovar foron obra de Borja Piay(2)-Brais Suarez, Fabián Piñeiro e Iván Martínez (2), polo Copy Redondela marcaron Abal Abad e Iván Quinteiro.

Á conclusión do partido fíxose entrega dos trofeos da tempada que quedaron da seguinte maneira:

Liga: Campión: Xícara/Innovar, 2º.- Elifra e 3º Mármores Vergara

Máximo goleador: Guillermo Dá Silva ( Elifra) con 39 goles

Equipo máis deportivo: Copy Redondela

Campión de copa: Xícara/Innovar, Subcampión: Copy Redondela


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Velada Kick Boxing

19-07-2019 / Deportes e Pavillón

Esta sábado día 20 a partir das 21,00 horas celebrarase unha velada de Kick Boxing no Pavillón da Montesiña correspondente á liga Galega Ring Sport. Como combates estelares subirán ao ring Rubén Batán e Óscar Soto en full contact en menos 58 Kg e Gabriel Pereira contra Lewis Arizala en menos de 67 kg. Entre outros combates tamén destaca en enfrontamento entre...