Venres, 31 Mai 2019 09:53

Substitución de pista de padel de hormigon por semipanoramica de vidro

Substitución de pista de padel de hormigon por semipanoramica de vidro

 A pista de pádel obxecto de substitución é unha das primeiras instalacións deportivas que se executaron na área deportiva da Montesiña, xunto co pavillón deportivo.

O auxe do deporte do pádel no Concello, a boa marcha do equipo federado (masculino e feminino) que as utiliza, do mesmo xeito que as clases que se imparten para todas as idades, fai necesaria a modernización da devandita pista de pádel, substituíndo o muro de formigón por unha nova montaxe con vidro e estrutura metálica prefabricada, cambio do chan de céspede artificial e substitución da iluminación de halogenuro por Led de menor consumo e maior rendemento.

A pista poñerase en funcionamento a partir do 15 de xuño onde o club Tenis & Padel Soutomaior está a organizar unha “ Master Class” a cargo de Juan Lebrón ,xogador profesional de pádel español que ocupa a 4ª posición na clasificación World Padel Tour.


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 451 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Obras no Pavillón Municipal “A Montesiña”

18-09-2019 / Deportes e Pavillón

Dentro do proxecto de melloras nas instalacións da área deportiva da Montesiña, continúan a bo ritmo as obras dentro do pavillón Municipal onde se está procedendo á substitución do pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho. Realízase o desmonte e retirada da instalación de fontanería actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso...