Venres, 01 Setembro 2017 12:35

Trofeo Fútbol Concello de Soutomaior

Trofeo Fútbol Concello de Soutomaior

Este domingo día 3 a partir das 18,00 horas celébrase no Campo Municipal de Salgueirón en Arcade o Trofeo Concello de Soutomaior de Fútbol entre os equipos do Concello de categoría sénior o C.D. Arcade e C.D. Soutomaior.

O trofeo celébrase todos os anos de maneira alternativa nos campos municipais de Candán (Soutomaior) e Salgueirón (Arcade)

O C.D. Soutomaior prepara esta tempada tendo como obxectivo o ascenso a 2ª autonómica e para iso está a confeccionar un persoal que reúna os requisitos para lograr o ascenso.

O C.D. Arcade quere que este ano sexa o da súa consolidación na 2ª autonómica e cun persoal que ten como base a do ano pasado pero completada cunhas incorporacións que lle darán un plus de calidade ao equipo.

Doutra banda, no apartado de fútbol feminino, o Arcadia E.F. inicia este domingo no Campo de Salgueirón ás 12,00 horas, a liga galega de 2ª co claro obxectivo de tentar o ascenso á máxima categoría de fútbol feminino de Galicia


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 1847 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Inscricións Escolas Deportivas 2019-2020

06-09-2019 / Deportes e Pavillón

O vindeiro luns día 9 ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2019-2020. As inscricións pódense realizar ata o día 27 deste mes no Pavillón da Montesiña en horario a partir das 18,30 horas. O inicio das actividades será o luns 7 de outubro.