Mércores, 18 Novembro 2015 12:10

Obradoiro:Técnicas de relaxación para familias

Obradoiro:Técnicas de relaxación para familias

A Escola de Pais e Nais organizada pola Concellería de Educación do Concello de Soutomaior realizará este venres 20 de novembro de 18 a 20 h unha nova sesión que nesta ocasión tratará o tema das técnicas que se poden aplicar antes situacións estresantes que se producen nas familias.

O obradoiro será moi práctico durante o cal as familias aprenderán estratexias que poden axudar a minorar o estres e a facer que o ambiente familiar sexa máis fluído e agradable cando hai axentes distorsionadores que  provocan situacións complicadas.

As persoas que asistan deberán traer unha esterilla. Lembramos ofrecemos a posibilidade de que as familias traian aos seus fillos/as pois haberá unha actividade dirixida a eles/as ao mesmo tempo. Nesta ocasión ademais, as familias poderán poñer en práctica as técnicas aprendidas xa que cara o final da sesión deixaremos un tempo para que xuntos compartan estas técnicas.

A actividade terá lugar no Multiusos en Arcade. Agardámosvos!

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR


Publicado en Escola de Pais
Visto 1243 veces


Escola de Pais e Nais

Aprendendo en familia: novos obradoiros e temas de interese para educar

30-04-2018 / Escola de Pais

O Concello de Soutomaior pon en marcha dúas novas sesión do programa APRENDENDO EN FAMILIA. Nesta ocasión tocaremos novos temas de interese pero dun xeito moi práctico porque durante as sesións as familias participarán en xogos de rol e dinámicas para traballar a partir de casos prácticos novas habilidades e recursos que os poidan axudar a mellorar o seu traballo...