Xoves, 22 Novembro 2018 10:27

Programa contra a violencia machista nos centros escolares

Programa contra a violencia machista nos centros escolares

 Esta semana deu comezo a nova iniciativa do Centro de Información a Muller (CIM) do Concello de Soutomaior nos centros escolares do municipio.

En total, máis de mil alumnos de primaria e secundaria participarán nunha serie de charlas e actividades para concienciar aos alumnos en materia de igualdade, analizando como adquiren os roles de xénero e o papel que xogan as persoas adultas da súa contorna, principalmente os modelos e referentes familiares.

Cada curso, desde 1º de primaria ata 4º da ESO, participará nunha sesión que contará cunha primeira parte de sensibilización na que se analizarán os estereotipos de xénero e os modelos de convivencia que fomentan a desigualdade. A continuación, realizaranse grupos de traballo nos que os alumnos elaborarán mensaxes e reflexións nas que plasmarán que é o que eles fan pola igualdade.

A idea fundamental é atallar o problema da desigualdade mediante a educación durante a infancia, que é cando se conforman os roles de xénero e establécense as bases das relacións


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

25N //IMPARABLES//

03-12-2018 / Igualdade

Vivir é o único soño que sucede se o podes compartir” E co compartir das mulleres no mural colectivo do “25 N. IMPARABLES” no Centro de Información da Muller en Arcade , estamos un pouco máis preto de que o cambio, que nos parece un soño, suceda. Eramos mulleres de distintas idades, moitas podiamos ser nais outras podiamos ser fillas, outras...