Venres, 27 Novembro 2015 13:14

Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero

Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero

Con motivo da conmemoración do Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero, o Concello de Soutomaior quixo sumarse aos actos de rexeitamento a este tipo de violencia con varias iniciativas desenvolvidas ao longo de toda a xornada.

Ademais da tradicional repartición de lazos morados, dentro do programa de concienciación levado a cabo polo Centro de Información á Muller, repartíronse máis de 1500 bolsas da compra e 2500 posavasos cunha mensaxe de apoio.

Os actos finalizaron pola tarde coa lectura dun manifesto de condena á violencia machista no multiusos de Arcade. Para comezar a xornada, desde primeira hora do día, a fachada principal da Casa do Concello lucía unha gran pancarta na que se podía ler “Soutomaior en contra da violencia machista. Precisamos ser tod@s” para lembrar a todos a importancia do significado deste día.

Ademais, como é tradicional, nos centros municipais repartíronse lazos morados para que cidadáns e traballadores poidan mostrar o seu rexeitamento a este tipo de violencia que sofren mulleres e nenos.

A principal iniciativa levou a cabo durante os últimos días e consistía en repartir máis de 1500 bolsas da compra e 2500 posavasos entre os comercios e establecementos de todo o municipio para que todos os veciños puidésense sumar á conmemoración e así contribuír a concienciar ao resto da sociedade na necesidade de loitar contra esta inxustiza.

Para finalizar esta conmemorativa e reivindicativa xornada, no auditorio exterior do multiusos de Arcade, a representante da Asociación de Mulleres Rurais Anduriña de Arcade, Olga Castelán, acompañada da edil de igualdade, Cristina González, leu un manifesto condenando todas as formas de violencia de xénero e en apoio ás vítimas. “Debemos plantarlle cara á violencia de xénero que empobrece a nosa sociedade. Os malos tratos non son un asunto privado, é un problema social que debemos combater día e noite”, afirmou a representante ao terminar o seu discurso.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, así como diversos concelleiros participaron neste acto organizado para reivindicar e reclamar un ano máis e con máxima forza e intensidade, o fin definitivo da violencia de xénero. O rexedor local lembrou que desde o Concello "acompáñase ás mulleres vítimas deste tipo de violencia no seu proceso de recuperación e empoderamiento", polo que animou a quen estea sufrindo unha situación deste tipo a que soliciten axuda a este servizo que “pode cambiar as súas vidas”,finalizou.


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

27-05-2019 / Igualdade

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade.  Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese...