Venres, 15 Xaneiro 2016 12:54

Subvención para o Centro Información a Muller

Subvención para o Centro Información a Muller

O CIM DE SOUTOMAIOR RECIBE 26000 EUROS DA CONSELLERÍA DE IGUALDADE

A axuda está destinada ás asesorías xurídica e psicolóxica que ofrece o centro A Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia acaba de conceder ao Centro de Información á Muller do Concello de Soutomaior unha subvención de 26.123 euros para potenciar as políticas de promoción de igualdade da muller e para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Esta axuda concédese grazas ao marco de colaboración creado entre os concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Vilaboa en materia de igualdade. A cantidade concedida ten como obxectivo o financiar os servizos de asesoría xurídica e asesoría psicolóxica que, con base en Arcade, o CIM presta aos veciños dos concellos de Soutomaior, Vilaboa e Pazos de Borbén tras o acordo alcanzado entre os tres para compartir o uso deste centro de información e ampliar o seu servizo ao máximo número posible de mulleres.

A edil de Igualdade, Cristina González, manifestou que “a concesión desta axuda supón unha recompensa polo bo traballo realizado o pasado ano e unha garantía de que poderemos seguir loitando pola igualdade e axudando a todas as mulleres que o necesiten”, ao que engadiu, “quero lembrarlle a todas as mulleres que pensen que poden necesitar axuda, que nos teñen á súa disposición. Que o CIM está para prestarlles toda a información e todo o apoio que sexa necesario para solucionar os problemas que padecen”.

Durante o pasado ano o CIM de Soutomaior prestou asesoramento a máis de 300 mulleres dos tres concellos aos que dá servizo, rexistrando un total de 85 novos expedientes. En particular atendeu a 245 mulleres que solicitaron consultas de apoio psicolóxico, 78 consultas xurídicas e proporcionou atención e asistencia a 18 vítimas de violencia de xénero.


Publicado en Igualdade
Visto 2192 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Mesa de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero.

11-10-2019 / Igualdade

O Concello de Soutomaior continua coa súa loita contra a violencia machista, para iso organizou a súa sétima mesa de coordinación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. Unha cita interinstitucional que integra o ámbito educativo, sanitario, aos servizos sociais e aos corpos de seguridade para crear redes de traballo e sistemas de coordinación que axilicen e...