Martes, 26 Xaneiro 2016 13:35

Concurso de Deseño Arte-SÁ

Concurso de Deseño Arte-SÁ

BASES DO II CONCURSO DE DESEÑO ARTE-SÁ.

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, 8 de Marzo de 2016, o Centro de Información á Muller, dependente da Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidadee Comercio do Concello de Soutomaior, convoca a 2ª Edición do Concurso de Deseño artesanal

Este concurso, enmárcase dentro do III PIOM 2014-2017, , co obxectivo xeral de promover, fomentar e divulgar o traballo artesanal e artístico das mulleres. Neste concurso as mulleres serán as encargadas de deseñar e elaborar artesanalmente a imaxe conmemorativa que protagonice a campaña municipal do 8 de Marzo, Día internacional da Muller de 2016.

BASES: 1º.TEMÁTICA: A temática do concurso é a conmemoración do Día internacional da Muller, o empoderamento das mulleres, o recoñecemento do seu papel na sociedade actual, os logros acadados en prol da igualdade e os obxectivos por cumprir. Con esta temática o obxectivo é diseñar un agasallo ou insignia conmemorativa para a celebración da campaña municipal de 2016.

2º.-PARTICIPANTES: Poderán participar neste concurso mulleres maiores de 18 anos residentes ou non no Concello de Soutomaior.

3º.- CRITERIOS DE VALORACIÓN: Cada muller poderá presentar ata dúas pezas artesais que deberán ser inéditas e orixinais. Os criterios de valoración centraránse: - Calidade do traballo artesanal. - Deseño e orixinalidade da obra presentada. - Contido e mensaxe transmitida pola obra en relación a temática. - Adaptación funcional á finalidade do concurso.

4º.- TÉCNICA A EMPREGAR: A técnica artesanal a empregar é libre e os materiais diversos (coiro, fimo, fieltro, madeira, pintura, cartón, ou calquera outro ).

5º.-FORMA DE PRESENTACIÓN DAS OBRAS: As obras entregaránse en sobre ou caixa pechada. No interior da mesma, ademáis, débese introducir un papel no que consten os seguintes datos: o Nome e apelidos da autora. DNI. o Título da obra e breve explicación da mesma. o Dirección e Teléfono de contacto.

6º.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN: As obras entregaranse presencialmente, ou por correo, no Centro de Información á Muller do Concello de Soutomaior: R/ Peirao, 8 (Multiusos de Arcade) Arcade C.P. 36690 Pontevedra Teléfono e fax. 986.70.12.27 e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. O prazo de presentación remata o 17 de Febreiro de 2016 ás 14:00 horas. Non se admitirán obras despois desa data.

7º.- CATEGORÍA E PREMIO: Establécese unha única categoría que incluirá a todas as persoas participantes, e un único PREMIO. O premio está dotado con 1.000 euros, sometido a retención legal estabrecida. A gañadora comprometese a realizar 200 unidades artesanais que protagonizarán a campaña municipal do 8 de Marzo e que serán repartidas ese día entre as mulleres do Concello. Os gastos de realización das 200 unidades correrán a cargo da gañadora.

8º.- EXPOSICIÓN E PUBLICIDADE DAS OBRAS: As obras estarán expostas no Multiusos de Arcade, o Domingo 6 de Marzo. As participantes disporán do prazo de UN MES, a contar dende o día 10 de marzo, para recoller a suas obras. A partir do día 10 de abril quedarán a disposición do Concello de Soutomaior.

9º.- XURADO: O xurado que resolverá o Concurso estará integrado por: Presidenta: A Concelleira de Muller. Secretaria: A Directora do CIM Vogais: - Unha técnica do CIM. - Dúas representantes da Asociación de Artistas da Bisbarra. - Dúas representantes da Asociación de Mulleres Rurais. O xurado reunirase e decidirá sobre o concurso na terceira semana de febreiro. A decisión do xurado farase pública na páxina web do concello de Soutomaior. A decisión será inapelable. O concurso poderá declararse deserto a decisión do xurado.

10º.- ACEPTACIÓN DAS BASES. A participación neste concurso implica aceptar íntegramente estas bases.


Publicado en Igualdade
Visto 2531 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

27-05-2019 / Igualdade

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade.  Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese...