Martes, 28 Abril 2015 14:03

Curso de iniciación a Internet

Curso de iniciación a Internet

CURSO DE INICIACIÓN A INTERNET

O Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información á muller, organiza unha nova iniciativa para axudar aos seus veciños a incorporarse ao mercado laboral.

Trátase dun curso de Iniciación de Internet co que se pretende mostrar aos alumnos o potencial da rede como ferramenta para a busca de emprego.

Os interesados en formalizar a matrícula ou recibir máis información poden facelo nas oficinas do CIM, no multiúsos de Arcade, a través do teléfono 986 701 227 ou a través da dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Publicado en Igualdade
Visto 3191 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Mesa de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero.

11-10-2019 / Igualdade

O Concello de Soutomaior continua coa súa loita contra a violencia machista, para iso organizou a súa sétima mesa de coordinación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. Unha cita interinstitucional que integra o ámbito educativo, sanitario, aos servizos sociais e aos corpos de seguridade para crear redes de traballo e sistemas de coordinación que axilicen e...