Mércores, 02 Novembro 2016 10:35

Reunión da Mesa de coordinación Interinstitucional contra a violencia machista.

Reunión da Mesa de coordinación Interinstitucional contra a violencia machista.

O Concello de Soutomaior, organizou o pasado venres 27 de Outubro a 4º Reunión da Mesa de coordinación para atención Integral das vítimas de violencia de xénero.

A mesa de coordinación ten coma obxectivos fundamentais xerar espazos de encontro e plataformas de coordinación para poder dar unha resposta global e integrada ante as necesidades específicas de cada persoa e de cada contexto , avaliando a diagnose da situación local actual respecto a violencia de xénero, expoñendo as diferentes demandas técnicas e formativas, actualizando o mapa de recursos de loita contra a violencia machista , e elaborando melloras nos itinerarios para que a " ruta críticas" das mulleres vitimas de violencia sexa mellorada de forma constante e persistente.

 A Mesa de coordinación, dirixida nesta ocasión os corpos de seguridade, contou coa participación da Concelleira de Igualdade , Cristina González Piedras, a Tenente Alcalde, Mª Dolores Cernadas García e o Concelleiro da Policia Local, Ramón Ángel Fernández Garrido.

Por parte da subdelegación do Goberno contamos coa presenza da Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, Mª Paz Pérez Asorei.

Así mesmo o equipo técnico contou coa Directora -psicóloga, e a Avogada do Centro de Información á Muller, a Representante da Garda Civil de Soutomaior, un representante da Policia Local e a Directora do Centro de Emerxencias de Vigo CEMVI .


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

27-05-2019 / Igualdade

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade.  Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese...