Venres, 27 Xaneiro 2017 12:29

Axuda para o CIM (Centro de Información á Muller)

Axuda para o CIM (Centro de Información á Muller)

O CIM do Concello de Soutomaior recibe 37146 euros da Consellería de Igualdade

A Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia acaba de conceder ao Centro de Información á Muller de Soutomaior unha subvención de 37.146,56 euros para potenciar as políticas de promoción de igualdade da muller e para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Esta axuda concédese grazas ao marco de colaboración creado entre os concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Vilaboa en materia de igualdade e que se xestiona desde o centro situado en Arcade.

A cantidade concedida ten como obxectivo o financiar os servizos de asesoría xurídica e asesoría psicolóxica que o CIM presta aos veciños de Soutomaior, Vilaboa e Pazos de Borbén desde este centro de información e ampliar o seu servizo ao máximo número posible de mulleres. Durante o pasado ano o CIM de Soutomaior prestou asesoramento a máis de 330 mulleres dos tres concellos aos que dá servizo. En particular atendeu a 236 mulleres que solicitaron consultas de apoio psicolóxico, 79 consultas xurídicas e proporcionou atención e asistencia a 19 vítimas de violencia de xénero.

A edil de Igualdade, Cristina González, manifestou que “a concesión desta axuda supón unha recompensa polo bo traballo realizado o pasado ano e unha garantía de que poderemos seguir loitando pola igualdade e axudando a todas as mulleres que o necesiten”, ao que engadiu, “quero lembrar a todas as mulleres que pensen que poden necesitar axuda, que nos teñen á súa disposición. Que o CIM está para prestarlles toda a información e todo o apoio que sexa necesario para solucionar os problemas que padecen”.


Publicado en Igualdade
Visto 2085 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Mesa de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero.

11-10-2019 / Igualdade

O Concello de Soutomaior continua coa súa loita contra a violencia machista, para iso organizou a súa sétima mesa de coordinación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. Unha cita interinstitucional que integra o ámbito educativo, sanitario, aos servizos sociais e aos corpos de seguridade para crear redes de traballo e sistemas de coordinación que axilicen e...