Venres, 10 Marzo 2017 10:11

Monólogo: "lavandeiras"

Monólogo: "lavandeiras"

19:30 h. Documental: "A Morriña de ir lavar"   

A Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior presenta unha reportaxe documental dentro das acción previstas en conmemoración o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, coa idea de visibilizar a figura das lavandeiras e os común, como espazo de encontro social e coidados da comunidade.

Os lavadoiros eran aqueles lugares onde prácticamente acudían as mulleres para lavar todo tipo de roupa, naqueles tempos a falla de lavadoras as mulleres acudían varias veces no día para lavar , inclusive  en moitos casos a louza das comidas.

Ademáis  de lavar, eran o centro de reunión onde as mulleres compartían saberes e inquedanzas vitais, servindo tamén de escenario de cantigas populares.

No concello de Soutomaior existen  varios lavadoiros, a día de hoxe en proceso de restauración, como xeito de mantemento do patrimonio e da memoria dos común.

 Nesta reportaxe documental percorremos  varios lavadoiros buscando as testemuñas daquelas mulleres que no seu tempo empregaban estos espazos de pedra, madeira e auga.

Paticipantes:

  • Mª José Flora
  • Mª Cristina Berísimo
  • Mª Xosé Castellano
  • Olga Castellano
  • Soledad Amedo

 

20:00 h.  Espectáculo: "Lavandeiras"

A continuación, as 20:00 horas, a compañía Daboapipa, composta por Vero Rilo e Carlos Quintá o acordeón, cantarán e musicarán relatos e contos sobre a figura das lavandeiras, que forman parte do noso imaxinario colectivo.

Os actos terán lugar no Salón de actos do Multiusos de Arcade a partir das sete e media da tarde, con entrada libre e gratuíta.


Publicado en Igualdade
Visto 1997 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

27-05-2019 / Igualdade

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade.  Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese...