Venres, 26 Xuño 2015 13:02

Visita ó Centro de Información á Muller de Soutomaior

Visita ó Centro de Información á Muller de Soutomaior

A secretaría xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou acompañada polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o Centro de Información á Muller de Soutomaior en Arcade.

A secretaria xeral, manifestou o apoio do Goberno galego a estes centros, que ano tras ano reciben unha parte moi importante da orde de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade. O CIM de Soutomaior recibiu nos últimos anos achegas da Xunta por un total de 140.220 euros.

O centro conta cunha asesora xurídica e a directora de Centro que tamén é a asesora psicolóxica do mesmo. Ademais ten servizo de tele tradución. O ano pasado atenderon no Centro a 120 persoas e recibiron un total de 450 consultas.

As axudas dos CIMs teñen por obxecto colaborar coas entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico; información sobre recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

Ademais, o Concello de Soutomaior está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, unha rede encargada de promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte o maltrato e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras.


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

27-05-2019 / Igualdade

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade.  Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese...