Mércores, 20 Febreiro 2019 09:34

Reciclaxe doméstica – Reparto de composteiros inviduais

Reciclaxe doméstica – Reparto de composteiros inviduais

O Concello de Soutomaior repartirá composteiros individuais para potenciar a reciclaxe doméstica e reducir residuos

Acaba de poñer en marcha unha nova campaña para potenciar a reciclaxe doméstica entre os seus veciños coa entrega de novos composteiros individuais. Unha iniciativa levada a cabo pola concellería de medio ambiente coa que se busca reducir os residuos orgánicos xerados polos fogares para a súa transformación en fertilizante natural.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude no rexistro municipal e o mestre composteiro municipal poñerase en contacto con eles para concertar unha cita para a súa recollida. Durante esta cita, o mestre explicará a mellor maneira de optimizar o uso do composteiro e proporcionará unha pequena guía de uso a cada participante.

Do mesmo xeito, o mestre explicará os pasos para seguir durante o seguimento que se fará dos composteiros e co que se pretende guiar aos participantes durante o proceso de reciclaxe orgánica e garantir o correcto uso dos composteiros.




Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Charla sobre a limpeza nas franxas de protección contra incendios

19-06-2019 / Urbanismo e Medio Ambiente

 Mércores 19 de xuño ás 16,00 h. Casa do Concello  O conselleiro de Medio Rural, José González, manterá hoxe un encontro cos veciños de Soutomaior para explicar as tarefas de limpeza que a Xunta levará a cabo nas franxas de protección que rodean os núcleos de poboación do municipio.  A charla celebrarase no salón de actos da Casa do Concello de Soutomaior...