Xoves, 23 Febreiro 2017 12:40

Melloras en viais (Pino Manso e Carballal)

Melloras en viais (Pino Manso e Carballal)

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento dos camiños de Pino Manso e Carballal en Arcade.

A mellora comprende a reparación, ensanche e mellora da drenaxe do asfaltado.

 O  proxecto conta cun orzamento total de execución de 33.219,79 eurose está incluído dentro do Plan Concellos 2016 Liña 1 (investimentos) da Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou onte o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora para a seguridade viaria e a calidade de vida dos nosos vecinos e veciñas”.


Publicado en Vias e Obras
Visto 796 veces


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Obras no Multiusos de Arcade

28-05-2019 / Vias e Obras

Dado o mal estado dos chans de madeira do vestíbulo de entrada e do salón de actos froito do paso do tempo e das filtracións provenientes da cuberta, procederase á substitución das pezas en deterioración, lixado e acoitelado do chan e posterior vernizado con tres mans de verniz ao poliuretano. Previa reparación da cuberta, procederase á reparación do falso teito de...